Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OPEP e Rusia deciden manter recortada a súa oferta petroleira no 2023

A OPEP e Rusia deciden manter recortada a súa oferta petroleira no 2023

Consideran "necesaria" a redución pactada o 5 de outubro de bombear 2 millóns de barrís diarios menos

A alianza subliña que o recorte "foi impulsado exclusivamente por consideracións de mercado"

G24.gal 04/12/2022 18:11

A alianza OPEP+, liderada por Arabia Saudita e Rusia, decidiu este domingo continuar aplicando no ano 2023 o forte recorte da produción de petróleo acordado hai dous meses.

Nun comunicado, os ministros de Enerxía e Petróleo dos 23 países da alianza reafirman que a redución do seu bombeo conxunto en 2 millóns de barrís diarios (mbd), pactada o 5 de outubro pasado, é a medida "necesaria" e "correcta".

Deciden ademais convocar para o 4 de xuño de 2023 a súa vindeira conferencia regular, segundo a nota emitida pola Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP).

Con todo, destacan que o comité interno de vixilancia da alianza JMMC (polas súas siglas en inglés) reunirase cada dous meses e poderá convocar unha conferencia extraordinaria se a situación do mercado o require.

Na súa declaración final, os ministros subliñan que a polémica redución de subministracións que entrou en vigor o 1 de novembro "foi impulsada exclusivamente por consideracións de mercado".

"En retrospectiva, os participantes no mercado recoñecérona como a medida necesaria e correcta para estabilizar os mercados mundiais do petróleo", engadiron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade