Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pandemia disparou os casos de discriminación cara ao pobo xitano

A pandemia disparou os casos de discriminación cara ao pobo xitano

Segundo o informe anual da Fundación Secretariado Xitano, esta comunidade segue a ter dificultades para acceder aos servizos públicos básicos

G24.gal 08/04/2022 13:11

A pandemia disparou os casos de discriminación cara ao pobo xitano. Así o recolle o informe anual da Fundación Secretariado Xitano que se presentou hoxe, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Pobo Xitano.

A comunidade reclama unha lei sobre a igualdade de trato. O informe recolle que o pobo xitano segue a ter dificultades para acceder aos servizos públicos como educación, sanidade e ao mercado laboral. 

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, falou na presentación de 'Explotación, inxustiza, discriminación histórica' e engadiu "estamos aquí hoxe para dicir que estas cousas están pasando hoxe en día. Temos que seguir traballando para denuncialas e combatelas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade