A pandemia, protagonista das mensaxes de Nadal dos presidentes autonómicos
A pandemia, protagonista das mensaxes de Nadal dos presidentes autonómicos
Chamamentos á combater o virus con novas estratexias
Piden que 2022 sexa o ano do novo financiamento autonómico
Solidariedade, unidade e igualdade. É a triple fórmula que o presidente castelán manchego predica para derrotar definitivamente ao coronavirus en 2022. Emiliano García Page dicía que"esta crise só pode vencerse desterrando o egoismo".
Orgullosos das altas taxas de vacinación nos seus territorios, case todos os mandatarios autonómicos coinciden en que a pandemia esixe novas estratexias. Para o valenciano Ximo Puig, "en lugar de medidas de restrición propias do 20, agora tocan medidas de protección propias do 22".
O lendakari asumia a autocrítica por non saber sempre como responder á unha crise con tantas vertentes. "Saúde pública, saúde emocional, saúde económica, saúde social. Recoñezo que este equilibrio non foi e non está sendo doado", admitía Íñigo Urkullu.
E o andaluz Juanma Moreno aproveitaba a mensaxe para poñerlle deberes ao executivo: "todo sería máis doado se o Goberno de España renovase o fondo covid para 2022".
Tradición tamén da noitevella son os chamamentos á autoestima. Díaz Ayuso daba por acreditados os valores que os madrileños esgrimiron durante a pandemia.
A presidenta da Comunidade de Madrid cre que "algúns quérennos dependentes, tristes e choromicas, pero en Madrid sabemos que somos alegres, loitadores e que non queremos depender de ninguén senón ser motores das nosas vidas e da nación".
Sete anos despois de caducar, cadaquen reclamou que o que vén sexa o ano do novo financiamento autonómico. 17 mensaxes diferentes nas formas pero cun desexo compartido: o de brindar en 2022 pola saída da crise.