Publicador de contidos
Publicador de contidos

A parroquia naronesa do Val leva cinco anos sufrindo a invasión de moscas

A parroquia naronesa do Val leva cinco anos sufrindo a invasión de moscas

Segundo a FEGAMP, hai vinte municipios afectados pola proliferación destes insectos

As temperaturas altas e a acumulación de materia orgánica favorecen a súa expansión

G24.gal 11/05/2024 14:34 Última actualización 11/05/2024 14:53

A parroquia do Val, no concello de Narón, é unha das zonas máis afectadas pola proliferación de moscas. Aquí levan xa cinco anos sufrindo o problema: cada primavera, coincidindo coa suba das temperaturas, moreas de moscas invaden a súas vivendas.

“Agora mesmo calmaron un pouco, pero é unha peste insoportable. Non sei de onde poden vir”.

“Son unhas moscas que non sei que tipo de moscas son, pero como non as pises reviven, tiven que botarlle ata lixivia”.

No sur de Galicia, a invasión de moscas aféctalle especialmente ao concello pontevedrés de Tomiño. Segundo a FEGAMP son 20 os municipios afectados.

Especialistas en sanidade animal apuntan dous factores detonantes: temperaturas a partir dos 26 graos e a acumulación na contorna de materia orgánica en descomposición.

“Entón cando coinciden estas dúas circunstancias, temperaturas elevadas e focos importantes de materia orgánica onde se poida completar o desenvolvemento das moscas, hai un caldo de cultivo para esas explosións das poboacións”, explica Rosario Panadero, catedrática de Sanidade Animal da Universidade de Santiago.

Desde a Fegamp reclámanlle á Xunta unha actuación coordinada para eliminar e previr o problema. En Narón, coa baixada das temperaturas, reduciuse momentaneamente a presenza de moscas, pero xa están preparados para o que poida vir cando volva a calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar