Publicador de contidos
Publicador de contidos

Praga de ratas na rúa Tomás Alonso de Vigo

Praga de ratas na rúa Tomás Alonso de Vigo

Os veciños levan anos denunciando o abandono da zona

G24.gal 28/10/2024 13:40

"Aquí hai ratas coma coellos. Cómennos o lixo e as pulgas. As beiarrúas, xa ves, todas cheas de merda. Agora sacan un saco e queda alí toda a merda. Eu teño un negocio e teño que estar coas portas pechadas, porque, se non, me entran as ratas para dentro".

Así de claro fala Ana Diéguez, propietaria dunha tapería na rúa Tomás Alonso. Os veciños xa non poden máis. As ratas entran nos seus negocios, as denuncias amoréanse no Concello e os servizos municipais non dan abasto.

"Van ao colector, van, veñen, saen, entran, así continuamente. Eu vivo ao final da rúa e non teño este campo, nin nada, pero hai ratas por todos os lados, pero non son ratas, son coma gatos", comenta outra veciña do barrio.

A rúa Tomás Alonso, esta chea de leiras e edificios abandonados en que se amorea o lixo. Hai ademais antigas naves, coma unha dunha industria química que, segundo os veciños, é o gran niño de focos de ratas.

Ángel Vila, presidente da Asociación Veciñal Curva de San Gregorio, xa non sabe que facer. "O barrio da Rañeira é un burgo mariñeiro de toda vida, é onde se da unha proporción moi alta de roedores, porque temos a fábrica de conservas e o mar alí ao lado. E do mar veñen aquí, e esa falta de limpeza é a orixe de toda esta praga".

Ana Diéguez alporízase: "Paréceme moi bonito o das luces e o da vasoiriña de ouro, pero o da vasoira de ouro é para o centro. Porque se os mandan aquí danlle o saco de lixo, non a vasoira de ouro, porque a min cómeme o lixo e eu vivo do meu negocio, que teño que pagar impostos coma todo o mundo, o mesmos aquí que na Porta do Sol".

E canda as ratas proliferan as pulgas, o que está a facer que moitos veciños o pensen dúas veces á hora de saíren á rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade