Cargando resultados...
'A parte dos anxos': 25 historias de crianzas no transo da morte
'A parte dos anxos': 25 historias de crianzas no transo da morte
Humor e terror en 25 historias de ficción sobre nenas e nenos mortos
'A parte dos anxos' fai referencia ao lugar onde se enterra as crianzas nos camposantos
G24.gal
10/04/2023 17:05
Última actualización 10/04/2023 17:23
Emma Pedreira comezou moi nova a publicar. Primeiro foi un libro de poemas titulado Diario bautismal dunha anarquista, alá polo 1999. Dous anos despois chegou a súa primeira novela, Bestiario de silencios, no 2001, e xa non parou. Agora preséntanos A parte dos anxos, un libro ilustrado por Carlos Lago que se imprimiu o 2 de marzo, 180 anos despois de que Charles Dickens e Edgar Allan Poe se coñecesen en Filadelfia.