Cargando resultados...
Vydia Shah: "Canto entendes unha canción doutra cultura comprendes a xente moito mellor"
'Outras trece cancións bonitas', de Germán Díaz e Benxamín Otero, baséase nunha selección de melodías de orixes diversas
Vydia Shah veu ata Lugo a gravar o disco e dar unha conferencia sobre as pioneiras da música na India
O disco promóvese como unha viaxe musical entre tradición, modernidade e beleza
G24.gal
28/03/2025 14:42
Última actualización 28/03/2025 16:24
Germán Díaz e Benxamín Otero prepararon outro disco con 'Outras trece cancións bonitas'. Melodías que lles gustan, novas e antigas, populares ou ancestrais... Tivemos a sorte de compartir tempo e conversas con eles cadrando coa visita a Lugo dunha das súas colaboradoras máis especiais, dende as terras remotas da India, Vydia Shah.