Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións xerais

Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións xerais

G24.gal 29/05/2023 14:40 Última actualización 30/05/2023 11:57

O voto por correo para as próximas eleccións xerais do 23 de xullo poderase solicitar desde o 30 de maio, unha vez publicada a convocatoria no BOE, e ata o 13 de xullo en calquera oficina do Servizo de Correos, segundo establece a lei.

A menos dunha semana da celebración das eleccións municipais e autonómicas, os cidadáns xa poderán pedir o voto por correo para as próximas eleccións xerais, as primeiras que se celebren en plenas vacacións de verán.

Nestas eleccións do 28 de maio, máis de 984.000 cidadáns enviaron o seu voto por correo, un 6,4 % máis respecto ao número de votos por correo nos anteriores comicios de 2019.

Prazo do voto por correo nas xerais: ata o 13 de xullo

Ata o 13 de xullo está aberto o prazo de solicitude, que deberá formularse persoalmente e co documento nacional de identidade para solicitar o voto por correo dentro de España, que debe remitirse por vía certificada non máis tarde do 19 de xullo.

Votar por correo desde España

O impreso de solicitude pódese descargar na web do Ministerio do Interior e presentarse por vía telemática na páxina de Correos ou de forma presencial nunha oficina.

Días despois o interesado recibe no seu domicilio un sobre coas papeletas de cada formación política, o certificado de inscrición no censo e outro sobre coa dirección da Mesa onde lle corresponde votar.

Escollida a papeleta e introducida no sobre correspondente, pecharao para metelo no outro sobre dirixido á mesa electoral, onde ademais incluirá o certificado de inscrición no censo. Unha vez remitido o voto, o elector xa non pode votar presencialmente.

Os españois que viven no estranxeiro

A Oficina do Censo Electoral remítelles de oficio toda a documentación e primeira vez as papeletas tamén as poderán descargar de forma telemática.

Se se vota por correo certificado, o residente no estranxeiro debe introducir a papeleta correspondente dentro do sobre de votación e incluílo no outro sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial no que tamén meterá un dos certificados de inscrición no censo, unha fotocopia do pasaporte ou do DNI ou unha certificación de nacionalidade, entre outra documentación.

Con todo, os españois que viven no exterior tamén poden depositar o voto nas urnas dispostas na súa embaixadas, consulado ou centros habilitados ata o 20 de xullo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade