Publicador de contidos
Publicador de contidos

A partir do 2035 non poderán matricularse na UE vehículos con motores contaminantes

A partir do 2035 non poderán matricularse na UE vehículos con motores contaminantes

G24.gal 25/03/2023 21:11 Última actualización 25/03/2023 21:29

Segundo acordou a Unión Europea, a partir do 2035 non se venderán máis coches que utilicen gasolina ou diésel. As alternativas? os coches eléctricos ou aqueles que utilicen o chamado e-fuel, é dicir combustibles artificiais, climaticamente neutros. Entre os condutores son moitos os que pensan que será difícil levar adiante unha medida coma esta. 

"De momento non parece moi factible, polos puntos de recarga que hai parece aínda moi lonxe".

"É difícil, non hai suficiente material para facer tantas baterías, non sei de onde o van quitar".

Os coches matriculados antes do 2035 poderán seguir circulando durante un tempo e recargar nas gasolineiras tradicionais. Con todo hai quen pensa tamén noutras alternativas.

"Se houbese máis frecuencia de transportes públicos eu creo que a xente non pensaría en ter un coche. Eu uso o tren para ir traballar, e coma min hai moitísimos usuarios".

Outro dos inconvenientes ao que aluden son os prezos destes vehículos. O que provoca que hoxe moitos se decanten aínda polos motores tradicionais. 

"Que veña acompañado dunha boa subvención, claro, porque se non quen compra un coche?"

"A xente está a comprar aínda moitos coches novos de diésel e gasolina. É complicado".

Entenden, iso si, que é preciso tomar medidas para evitar que os niveles de contaminación sigan medrando.

"O meu coche xa ten 23 anos e anda ben, pero, claro, eu recoñezo que hai que cambiar".

No 2022 fabricáronse en España 127.000 coches eléctricos, un cinco por cento do total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade