Cargando resultados...
A partir do 7 de xaneiro haberá test gratuítos nas farmacias para os menores de 12 anos
A partir do 7 de xaneiro haberá test gratuítos nas farmacias para os menores de 12 anos
Cada neno terá un para facer antes de volver ás aulas
G24.gal
04/01/2022 20:06
As farmacias galegas terán dispoñibles tests de saliva a partir do día 7 de xaneiro para que os pais llos poidan facer aos fillos antes do día 10, cando se abren de novo os colexios.
Están destinados aos nenos de entre 5 e 11 anos, que son os que aínda non teñen a pauta completa de vacinación e polo tanto teñen máis risco de contaxiarse.
Cargarase un test gratuito na tarxeta sanitaria de cada menor, e os pais recibirán unha mensaxe coas instrucións para utilizalos. A Xunta pretende con esta iniciativa garantir un reinicio de curso seguro e sen contaxios en Galicia.