Publicador de contidos
Publicador de contidos

A partir do luns só se illarán positivos de covid–19 en centros sanitarios, sociosanitarios e cárceres

A partir do luns só se illarán positivos de covid–19 en centros sanitarios, sociosanitarios e cárceres

Os positivos, aínda de grupos de risco, que non estean nos ámbitos cualificados como "vulnerables" non terán que illarse

Só se lles van facer probas de confirmación, tras positivo en autotest, a maiores de 60 anos, inmunodeprimidos ou embarazadas

G24.gal 24/03/2022 11:18

A partir deste luns só se van illar en Galicia os casos de covid–19 positivos que se produzan en ámbitos vulnerables: os centros sanitarios e hospitalarios, os sociosanitarios e os centros penais. O resto dos positivos non terán que facer illamento.

Así o explicou a directora xeral de Saúde Pública da Xunta Carmen Durán durante a presentación da nova estratexia de vixilancia e control fronte á covid–19 tras a fase aguda da pandemia, na que advertiu de que nesta nova etapa "seguen vixentes" as medidas de uso da máscara, distancia de seguridade e ventilación.

O que cambian son os protocolos de vixilancia e control de casos, co que calquera persoa con síntomas de covid–19 ou un autotest positivo será considerada un "caso sospeitoso" e non se lle realizará ningunha proba de confirmación nin terá que illarse, senón seguir unha serie de recomendacións e extremar as precaucións.

Só se van facer probas diagnósticas confirmatorias —unha PCR ou un test de antíxenos no ámbito sanitario, non un autotest— ás persoas de grupos vulnerables, é dicir maiores de 60 anos, inmunodeprimidas ou embarazadas, e aínda no caso de que dean positivo non se lles illará a non ser que estean nun centro sanitario, sociosanitario ou no cárece.

Segundo apuntou o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, esta estratexia que se aplicará desde o luns, tal e como se acordou co Ministerio de Sanidade e o resto de comunidades autónomas, é "un dos maiores cambios" desde o inicio da xestión da pandemia do coronavirus, pero apelou a seguir mantendo a prudencia porque Galicia aínda rexistra 2.500 casos diarios

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos