A perda de poder aquisitivo dos traballadores marca o Primeiro de Maio
A perda de poder aquisitivo dos traballadores marca o Primeiro de Maio
Os principais sindicatos centrarán as reivindicacións nesta xornada nos salarios e a perda de poder adquisitivo polo incremento dos prezos
Os sindicatos presentaron este martes os actos do Primeiro de Maio en Galicia. A suba dos salarios, a negociación e a posta en marcha de medidas para paliar os efectos da inflación son as principais reivindicacións neste Día internacional do Traballo.
Comisións Obreiras e a UXT celebrarán manifestacións conxuntas. O acto central será na Coruña onde reclamarán cláusulas de revisión salarial nos convenios colectivos para compensar a inflación.
A CIG sairá en solitario as rúas de 16 localidades galegas. O sindicato nacionalista reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a pobreza ante o que cualifican como "descontrolado incremento de prezos dos produtos básicos".