Publicador de contidos
Publicador de contidos

A planta viguesa de Stellantis continúa a negociación do novo ERTE, que afectará 3.700 persoas

A planta viguesa de Stellantis continúa a negociación do novo ERTE, que afectará 3.700 persoas

A empresa ten que presentar a proposta definitiva o próximo xoves 

A factoría prepárase para comezar a montaxe das novas furgonetas Fiat en xaneiro

G24.gal 07/12/2021 13:55

Conta atrás en Stellantis Vigo, a antiga Citroën, para pechar a negociación do novo ERTE que comezará a aplicarse o próximo ano

A factoría de Balaídos deixou de producir 110.000 vehículos polas paradas na produción debido á falta de microchips durante este ano. Stellantis prognostica que este atranco se vai manter no 2022 e  xa negocia un novo ERTE. Na seguinte reunión a empresa levará a proposta definitiva para que a estuden os sindicatos. 

Consideran excesivas as 90 xornadas que propón a empresa e piden que o ERTE de cobertura a todos os traballadores. 

A marxe do ERTE a planta viguesa prepárase para comezar a montar as primeiras furgonetas Fiat en xaneiro, o que abriría a posibilidade de recuperar algunhas quendas de traballo. O novo ERTE afectará 3.700 operarios da planta viguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade