A Plataforma dos Mineiros de Touro pide diante do Parlamento que se retome a actividade
A empresa Cobre San Rafael quere retomar a actividade na vella mina de Touro, cun proxecto co que promete 1.600 empregos

A Plataforma dos Mineiros de Touro-O Pino mobilizouse este mércores, diante do parlamento.
Piden que non se politice a tramitación ambiental dese proxecto mineiro que consideran chave para o emprego e o futuro desa comarca.
Denuncian que se use o “non á mina” coma unha ferramenta de propaganda política, e piden que se respecte o criterio dos técnicos.
A empresa Cobre San Rafael quere retomar a actividade na vella mina de Touro, cun proxecto co que promete 1.600 empregos e a recuperación ambiental da zona.
Os defensores da mina reclaman que se deixe de utilizar o futuro da comarca como arma electoral e que se pense na veciñanza.