Publicador de contidos
Publicador de contidos

A plataforma flotante do Parrote, na Coruña, estará lista en 2025

A plataforma flotante do Parrote, na Coruña, estará lista en 2025

A empresa galega Aquática será a encargada de construír a plataforma

Conta cun presuposto de 2,8 millóns de euros e incluirá zona de baño e de deportes acuáticos

G24.gal 15/01/2024 15:10

A empresa galega Aquática será a encargada de construír a plataforma flotante do Parrote, na Coruña. Anunciárono o presidente da Autoridade Portuaria coruñesa e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que estimaron que a obra estará lista no verán de 2025.

A plataforma flotante conta cun presuposto de 2,8 millóns de euros e incluirá zona de baño e de deportes acuáticos.

 "Estamos a falar dunha estrutura flotante que contén piscina de lecer, natación aberta ao mar, práctica deportiva e zonas de descanso. Tamén conta cun edificio de servizos, con cafetería e vestiarios, e unha bancada de solario", explicou Ethel Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade