Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven as visitas guiadas ao porto da Coruña

Volven as visitas guiadas ao porto da Coruña

É a cuarta edición desta iniciativa da Autoridade Portuaria, que ofrecerá case 800 prazas para as visitas

A cita será cada fin de semana, do 25 de maio ata o 20 de outubro

O presidente da Autoridade Portuaria e o historiador Suso Martínez presentaron a convocatoria
G24.gal 20/05/2024 14:26

O actor e historiador Suso Martínez volverá ser o guía encargado de contar a historia da Coruña a través do seu porto. A Autoridade Portuaria abre a cuarta edición das visitas guiadas polos peiraos.

Afirma o seu presidente, Martín Fernández, que esta é unha das actividades que máis lles gusta, porque "é de verdade abrilo para que a xente pise e vexa o tamaño do porto; e coñeza mellor os detalles deses peiraos".

Durante cousa de hora e media, os visitantes percorrerán o peirao de Calvo Sotelo para coñecer os fitos que escribiron a historia deste porto. 

"Son historias universais", di Suso Martínez, para repasar expedicións "como a de Loaiza -que partiu da Coruña en 1425- ou César, ou Alfonso IX". Di que o da Coruña foi "o porto do Camiño da cristiandade" e o "porto da monarquía Hispánica".

As visitas son gratuítas, pero hai que reservar praza na web da Autoridade Portuaria da Coruña. Son case 800 invitacións, e din que todos os anos se esgotan. A previsión é que as citas se celebren cada fin de semana ata o 20 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade