Publicador de contidos
Publicador de contidos

A polémica das listas de Bildu trasládase ao cara a cara de Sánchez e Feijóo no Senado

A polémica das listas de Bildu trasládase ao cara a cara de Sánchez e Feijóo no Senado

Feijóo presiona a Sánchez: "Ou rompe con Bildu ou rompe coa decencia"

Sánchez acusa a Feijóo  de utilizar o terrorismo: "Cando en España a ETA non é nada, para vostede é todo"

G24.gal 16/05/2023 15:00 Última actualización 16/05/2023 21:15

A presenza de 44 condenados por terrorismo nas listas de EH Bildu e a renuncia de sete deles, os condenados por asasinatos de ETA, a recoller as súas actas de concelleiros se son elixidos centrou o duelo entre Sánchez e Feijóo na Cámara Alta, que se celebra en plena campaña electoral do 28 de maio.

O líder do PP esixiu ao presidente do Goberno que garanta desde o Senado que "o seu pacto con Bildu acabouse". "Ou rompe con Bildu ou rompe coa decencia", recalcou o xefe da oposición.

Despois das críticas de Feijóo pola súa actitude ante a presenza de candidatos de EH Bildu con delitos de sangue, Sánchez enumerou unha serie de "verdades", entre elas as veces nas que dirixentes do PP defenderon pactos coa esquerda abertzale.

O líder do PP ademais acusou ao xefe do Executivo de ser máis "cruel" cos populares que co partido abertzale. Feijóo díxolle a Sánchez que é un "presidente máis xeneroso cos verdugos que coas vítimas" e que debería caerlle "a cara de vergoña".

Sánchez reprochoulle ao Partido Popular a súa "falta de escrúpulos" e de utilizar o terrorismo e a dor das vítimas e recordou a actitude do Goberno do PP tras os atentados do 11M. O presidente do Goberno acusou a Feijóo de querer "igualar esa infamia".

Este foi o derradeiro cara a cara no Senado entre o presidente do Goberno e o líder do PP antes das eleccións do 28 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade