Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno sostén que España condena e persegue os delitos de odio

O Goberno sostén que España condena e persegue os delitos de odio

Os insultos por parte dun grupo de afeccionados contra o futbolista Vinicius provocan unha condena xeral

G24.gal 23/05/2023 14:37

Os insultos racistas dunha parte da afección do Valencia nun partido de fútbol saltan do terreo de xogo a outros ámbitos da vida pública.

"É impresentable e unha imaxe lamentable de España ante o mundo", di Antonio Garamendi, presidente da CEOE.

Unhas imaxes que traspasan fronteiras e chegaron a provocar o pronunciamento do presidente do Brasil.

"É importante que a FIFA, LaLiga española e a doutros países tomen medidas serias porque non podemos permitir que o fascismo e o racismo entren nos campos de fútbol", asegurou Lula da Silva.

Unhas medidas que tamén defenden desde Unidas Podemos.

"Imos acelerar os traballos para que o país teña canto antes unha Lei contra o racismo", apuntou Ione Belarra, seretaria xeral de Podemos e ministra de Asuntos Sociais.

A polémica do racismo entra de cheo tamén na a campaña electoral cinco días das votacións. O Goberno condena os insultos e di que España condena e persegue os delitos de odio.

"Hai que condenar este tipo de comportamentos e non ser neutrais", dixo Isabel Rodríguez, ministra voceira do Executivo.

Desde o Partido Popular din que hai que ser contundentes con actitudes que son illadas. "España non é un país racista, en absoluto", asegura Núñez Feijóo.

Desde o Consello Superior de Deportes tamén piden non xeneralizar uns feitos que, din, responden a unha minoría que non é representativa de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade