Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o incendio que provocou queimaduras a un septuaxenario de Mos logo de discutir co seu fillo

Investigan o incendio que provocou queimaduras a un septuaxenario de Mos logo de discutir co seu fillo

Inicialmente o subdelegado do Goberno sinalara que o home prendéralle lume a seu pai de xeito intencionado

O home sufriu queimaduras nunha perna, polo que foi trasladado ao hospital Povisa de Vigo, onde se está recuperando

O suposto agresor sufría problemas psiquiátricos e estaba medicado, segundo as primeiras investigacións da Garda Civil

G24.gal 08/04/2025 12:43 Última actualización 08/04/2025 14:27

A Garda Civil investiga as causas do incendio que provocou queimaduras a un veciño de Mos de 78 anos. Nun primeiro momento, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, sinalara que o fillo do septuaxenario, de 43 anos, asperxeu presuntamente con gasolina o seu proxenitor logo dunha discusión doméstica.

O instituto armado investiga se as lesións do proxenitor responden a un acto intencionado ou accidental, precisou a Subdelegación do Goberno.

O representante gobernamental explicou que a suposta agresión produciuse a última hora do luns e que o ferido, de 78 anos, presenta queimaduras nunha perna das que se está recuperando nun hospital de Vigo. Por mor deste feito, produciuse tamén un incendio dentro do garaxe da vivenda. Varias persoas que estaban nese momento na zona acudiron alarmados polos berros, e mesmo colaboraron en apagar o lume primeiro con auga e logo cos extintores dunha empresa do lugar, como lle explicaba á Televisión de Galicia o seu responsable.

Segundo os primeiros datos, todo iniciouse por mor de "unha discusión trivial por un asunto doméstico", explicou Losada. Tamén indicou que pai e fillo residían sós nese inmoble de Mos e deslizou que os problemas de saúde mental que, "ao parecer", presenta o descendente, en tratamento.

O fillo foi trasladado ao hospital Álvaro Conqueiro para someterse a unha valoración psiquiátrica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade