A Policía de Memphis disolve unha unidade tras a morte de Tyron Nichols
A Policía de Memphis disolve unha unidade tras a morte de Tyron Nichols
Anuncia o desmantelamento da brigada Scorpion á que pertencían varios dos axentes que lle propinaron a malleira mortal
A Policía de Memphis (estado de Tennessee) anunciou este sábado reformas en resposta á morte do mozo afroamericano Tyron Nichols, de 29 anos, tras recibir unha brutal malleira durante unha detención. As autoridades difundiron varios vídeos do acontecido.
O corpo local desmantelará de xeito permanente a unidade Scorpion, á que pertencían algúns dos cinco axentes que brearon brutalmente a vítima. Todos eles, afroamericanos, enfróntanse a varios cargos penais, entre eles o de asasinato en segundo grao.
A unidade Escorpión, integrada por 40 axentes, foi creada pola Policía de Memphis en 2021 co obxectivo de reducir a violencia nos barrios da cidade que máis a sofren. Logo de acontecido, a familia e os líderes da comunidade pediran a súa eliminación por perda de confianza.
Violencia desproporcionada
Varias organizacións de dereitos humanos levan tempo denunciando a violencia desproporcionada que exercen as forzas de seguridade estadounidense contra a poboación negra.
Case un terzo de todas as persoas asasinadas no país a mans da Policía en 2021 foron persoas afroamericanas, a pesar de seren só un 13 % da poboación, de acordo coa organización Mapping Police Violence.