Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía identifica un presunto exhibicionista en Pontevedra

A policía identifica un presunto exhibicionista en Pontevedra

Varias testemuñas denunciaron situacións de acoso a través das redes sociais

Ningunha das mulleres afectadas chegou a formalizar unha denuncia

G24.gal 21/01/2022 14:25

A alerta saltou, principalmente, a partir de varias publicacións nas redes sociais. Algunhas testemuñas viron como o home se masturbaba na vía pública, en Pontevedra. Unha delas denunciou que o exhibicionista a perseguiu, balbucindo e dando berros, ata a porta da súa casa.

Dúas persoas diferentes chamaron a Policía Nacional, que acudiu á zona do Burgo, onde se rexistraron os feitos, para identificar o home.

Ningunha das mulleres afectadas chegou a formalizar unha denuncia, pero as forzas de seguridade están facendo un seguimento da situación. Queren evitar que este individuo volva protagonizar escenas similares en presenza de menores de idade.

O presunto exhibicionista é, ao parecer, un indixente que leva algún tempo vivindo no barrio. Non é a primeira vez que a policía recibe queixas veciñais polo seu comportamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade