Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil recomenda precaución e desconfianza nas redes

A Garda Civil recomenda precaución e desconfianza nas redes

No primeiro trimestre de 2024 houbo 5.771 denuncias por ciberdelitos en Galicia

Os equipos @ da Garda Civil traballan para impedir os delitos nas redes
G24.gal 13/07/2024 13:55

No primeiro trimestre deste ano foron denunciados en Galicia 5771 delitos cometidos a través das redes electrónicas e telefónicas, segundo o Balanzo da Criminalidade do ministerio de Interior. En todo o ano pasado houbo máis de vinte e unha mil denuncias deste tipo da nosa terra, aínda que os especialistas están convencidos de que houbo moitos casos nos que os afectados non denunciaron, segundo comentou no Bos Días un integrante dos equipos  Arroba da Garda Civil.

"Ás veces non o fan pola propia vergoña que sinte a persoa estafada, e noutras ocasións pola escasa cantidade de cartos roubados", sinala José Óscar Castaño, integrante do equipo @ da Garda Civil, no Milladoiro.

No verán hai máis estafas relacionadas cos espectáculos e cos alugueiros

A Garda Civil di que no verán son moi abundantes as estafas relacionadas coa venda de entradas para espectáculos e cos alugueiros turísticos, pero que en xeral as máis denunciadas teñen que ver coas nosas entidades bancarias.

"Recibimos unha chamada de teléfono no móbil, realizada por supostos traballadores da nosa entidade bancaria, dicíndoche que hai descoñecidos tentando acceder ás nosas contas bancarias e que temos que mover os cartos para unha conta máis segura, e aí está a estafa", engade José Óscar Castaño.

Precaución e desconfianza nas redes

Os especialistas da Garda Civil din que todos estamos expostos á actividade destes delincuentes electrónicos, virtuais, e por iso temos que extremar a precaución e a desconfianza nas redes.

"Como prevencións xerais, non deberíamos facilitar pola Internet os nosos datos persoais nin credenciais bancarias, nin contrasinais. E, por outro lado, hai que desconfiar sobre todo das grandes rebaixas de produtos", sinalou no Bos Días o integrante dos equipos @ da Garda Civil.

Segundo estes especialistas, a intelixencia artificial será positiva para o seu traballo, pero tamén axudará aos delincuentes máis preparados.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade