Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía israelí abateu un palestino tras atacar un mozo xudeu en Xerusalén

A policía israelí abateu un palestino tras atacar un mozo xudeu en Xerusalén

Os axentes balearon ao agresor que acoitelou e feriu un xudeu ultra ortodoxo

G24.gal 04/12/2021 19:10

A policía israelí disparou contra un palestino que acoitelou na rúa un mozo ultra ortodoxo nas proximidades da porta de Damasco en Xerusalén, nas aforas da Cidade Vella, unha área ateigada onde con frecuencia hai manifestacións en enfrontamentos.

As imaxes que circulan pola internet de testemuñas do ataque amosan un palestino tendido xa no chan, ao que un axente dispara polo menos dúas veces desde unha distancia de poucos metros, despois de que o home atacara cun coitelo á súa vítima.

Os servizos de emerxencia indicaron que atenderon un mozo ultra ortodoxo duns 20 anos que estaba nun estado de moderado a grave.

 A rápida actuación dos axentes na zona, asegura a policía, permitiu neutralizar o agresor, un home duns 25 anos de Salfit, na ocupada Cisxordania. A Media Lúa Vermella Palestina informou de que morreu tras recibir os disparos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade