A Policía Local de Rianxo volve crear un vídeo para concienciar nas festas de Nadal
A Policía Local de Rianxo volve crear un vídeo para concienciar nas festas de Nadal
O vídeo xa leva máis de 30.000 reproducións en 48 horas
A praza de Castelao de Rianxo volve ser o escenario dunha posta en escena dos equipos de emerxencias para concienciar as persoas que conducen baixo os efectos do alcol. Trátase dunha campaña da Policía Local que xa é case unha tradición no Nadal e que aspira a converterse en viral, como aconteceu en anos anteriores.
Baixo o lema "Bebiches? Ti decides quen te leva", tentan remover conciencias e xa levan máis de 30 mil reproducións en 48 horas. A canción Superheroes do cantante Beret foi a escollida pola Policía Local da cidade para esta campaña.
Lévase desde o 2016 facendo campañas similares con moi bo resultado, algunhas fixéronse virais, e iso é todo un éxito. Canta máis xente as vexa, máis alcance teñen e máis concienciación chega á poboación.
Desde a Policía Local lembran que os últimos accidentes graves tiñan o elemento do alcol ao volante e na rúa. Por iso, todo o mundo aplaude estas iniciativas, aínda que piden máis medios de transporte alternativos.
Evitar que os equipos de emerxencias teñan que actuar nestas datas é o que se busca cunhas campañas de Nadal que xa son típicas.