A policía portuguesa frustra un posible masacre en Lisboa coa axuda do FBI
A policía portuguesa frustra un posible masacre en Lisboa coa axuda do FBI
Un mozo de 18 anos levaba meses planeando o ataque
O FBI deu con el por casualidade na dark web
O FBI detivo o que podía ser un auténtico masacre na universidade de Lisboa. Un mozo levaba meses planeando matar masivamente os seus compañeiros. Portugal está impactada con esta detención. O rapaz de 18 anos e estudante de enxeñaría levaba meses planeando como asasinar hoxe venres e nun só asalto a varios estudantes e traballadores da Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa.
A policía portuguesa logrou detelo a tempo despois de que o FBI lle pasase a información. A oficina estadounidense detectara na Internet profunda conversas deste mozo con supostos terroristas. Nos chats aseguraba que quería cometer un masacre como os que acontecen en colexios estadounidenses. Cando o detiveron, tiña varias armas e un escrito co ataque planificado.