Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presenza de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño dúas praias na Mariña

A presenza de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño dúas praias na Mariña

Bandeiras vermellas nos principais areais da costa da Mariña para prohibir o baño

G24.gal 14/08/2023 11:28

A presenza de exemplares de carabela portuguesa obrigou este domingo a pechar ao baño dúas praias do municipio lucense de Cervo, á vez que puxo en alerta outros puntos da Mariña.

En concreto, desde o Concello de Cervo alertábase ao longo do domingo da aparición de exemplares desta medusa, cunha picadura é moi dolorosa e pode xerar efectos graves, na praia do Torno e na praia de Cubelas, onde se izou a bandeira vermella para prohibir o baño.

Ao longo desta fin de semana, exemplares desta especie tamén foron localizados na praia de Esteiro, en Ribadeo, e na Marosa, en Burela, onde o sábado ondeou a bandeira vermella.

O incremento da temperatura da auga trouxo este verán exemplares deste tipo de medusa, moi rechamante, a Galicia. En concreto, a comezos deste mes de agosto dábase a voz de alarma na zona de Vigo e O Grove pola aparición de carabela portuguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade