Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Primavera das Letras réndelle homenaxe a Luísa Villalta en Sada

A Primavera das Letras réndelle homenaxe a Luísa Villalta en Sada

Os alumnos do Instituto Isaac Díaz Pardo escenificaron unha peza teatral para lembrar a actividade literaria e herdanza cultural que deixou a escritora 

G24.gal 27/02/2024 15:04

A escritora Luísa Villalta recibiu a homenaxe dos máis pequenos na Primavera das Letras. Foi en Sada, onde exerceu a docencia a homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano. A Real Academia Galega celebrou un acto na Casa da Cultura, e posteriormente os alumnos do Instituto Isaac Díaz Pardo escenificaron unha peza teatral para lembrar a actividade literaria e herdanza cultural que deixou Luísa Villalta, falecida en 2004.

"Ver eses pequeniños e pequeniñas arredor dos retratos de Luisa Villalta, que eles mesmos fixeron, e a representación... Fina Casalderrei é quen leva esta iniciativa, e para nós é unha festa e unha alegría compartir isto con estes mociños e mociñas que están hoxe aquí connosco", recoñecía Víctor Freixanes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade