A primeira vaga de calor do verán pon en alerta 24 provincias de nove comunidades
A primeira vaga de calor do verán pon en alerta 24 provincias de nove comunidades
Córdoba e Sevilla poden acadar este luns os 45 graos
As temperaturas comezarán a baixar a partir do martes
A vaga de calor que se vive en toda España non rematará ata o mércores. Mañá luns 24 provincias de nove comunidades autónomas estarán en alerta por temperaturas que en Córdoba e Sevilla poden achegarse aos 45 graos.
"Auga, ducha e abano e o aire na casa, claro, o aire cando se pode que a luz está moi cara"
Unha masa de aire cálido procedente de África trouxo a primeira vaga de calor do verán. Aragón, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura e Madrid están en alerta laranxa. Na capital, o concello pechou o Retiro e outros nove nove parques da cidade pola calor e os refachos de vento que poden superar os 65 quilómetros por hora. A reapertura decidirase despois de revisar o estado das árbores.
"Eu vivo en Berlín, pero si, aquí calor forte. Hai que poñer protección e coidar a pel, si"
"Pois, como vimos de Sri Lanka, vai máis calor alí, así que aquí ben, lévase mellor"
En Andalucía a alerta laranxa pasará este luns a vermella porque se prevé que en cidades como Córdoba ou Sevilla se acaden os 45 graos. Castela e León, Murcia e Comunidade Valenciana están en aviso amarelo. A axencia estatal de meteoroloxía alertou 24 provincias de nove comunidades autónomas por temperaturas extremas e unha máis, a Rioxa por treboadas fortes. A previsión apunta a que o martes comece a ir menos calor e o xoves rematará este primeiro episodio do verán de calor intensa.