A princesa de Asturias adéstrase na ría de Pontevedra
A princesa de Asturias adéstrase na ría de Pontevedra
Saíu navegar xunto cos seus compañeiros da Escola Naval de Marín
A princesa de Asturias, Leonor de Borbón, saíu navegar pola ría de Pontevedra xunto cos seus compañeiros da Escola Naval de Marín, onde ingresou a finais do pasado mes de agosto para continuar coa súa instrución militar.
A Armada, a través do seu perfil na rede social X, publicou as imaxes do adestramento que a princesa realizou en augas pontevedresas.
"Como cada semana os alumnos da Escola Naval saen ao mar na ría de Pontevedra para realizar actividades de instrución mariñeira", explica a Armada na súa publicación.
Nas fotografías difundidas a través deste medio, aparece a princesa Leonor ataviada co uniforme da Escola Naval para os deportes de vela e un chaleco salvavidas amarelo.
A formación de Leonor de Borbón nas instalacións que a Armada ten en Marín continuará ata o próximo mes de decembro e, tras o Nadal, embarcarase no buque escola Juan Sebastián de Elcano para participar no seu cruceiro de instrución.