Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor, de tapas por Moaña cos seus compañeiros da Escola Naval

A princesa Leonor, de tapas por Moaña cos seus compañeiros da Escola Naval

A herdeira da Coroa gozou da primeira xornada de descanso integrada nun grupo con cinco compañeiras e outros nove compañeiros de estudos en Marín

Leonor e os seus compañeiros, xunto aos traballadores do restaurante/RRSS Leonor e os seus compañeiros, xunto aos traballadores do restaurante/RRSS
G24.gal 01/09/2024 11:06

Primeira xornada de lecer para a princesa tras entrar na Escola Naval. E Leonor gozou da xornada do sábado canda os seus compañeiros de promoción, que aproveitaron para coñecer as proximidades de Marín, a súa casa durante os próximos meses.

E a escapada xa é unha tradición para os alumnos de terceiro curso, ou gardamariñas de primeiro ano, que aproveitan para escapar a algún local do Morrazo.

O grupo foi de tapas a Moaña, ata o restaurante Tapería D´Elvi, moi próximo á praia de Meira cunhas espectaculares vistas e carta low cost. Alí a princesa xantou canda os compañeiros e logo fotografouse cos traballadores do local.

Leonor e o resto do seu grupo co que din se amosou "plenamente integrada" decantáronse en primeiro lugar por entrantes para petiscar a xeito de racións de luras, tortilla e croquetas, para rematar cunha carne á brasa.

O local compartiu unha imaxe de todos os mozos, uniformados co traxe da Armada, nos exteriores do establecemento, con algúns dos seus traballadores no seu perfil de Facebook. "Grazas por elixir a nosa casa; como sempre, encantadores" escribiron nunha mensaxe que acompaña a foto na que se aprecia a ría de Vigo de fondo.

Leonor e os seus compañeiros, antes de saír da Escola e gozar do lecer, tiveron clase e formación  pola mañá. A diferenza das xornadas da semana, o batallón de alumnos do centro érguese ás 08:45 horas e a partir das 11:30 xa poden saír á rúa sen obrigas académicas.

Os domingos son días totalmente libres para os estudantes, polo que a princesa de Asturias podería aproveitar a xornada para coñecer outros lugares da comarca de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade