Publicador de contidos
Publicador de contidos

Leonor de Borbón entrega os Premios Princesa de Girona

Leonor de Borbón entrega os Premios Princesa de Girona

As fillas dos reis compartiron protagonismo nos actos previos aos premios nos que expresaron a súa alegría pola vitoria de España nas semifinais da Eurocopa

G24.gal 10/07/2024 14:56

Os actos dos Premios Princesa de Girona marcaron nos últimos anos a axenda en solitario das fillas dos reis. Esta edición, a número 15, é a primeira dende a maioría de idade de Leonor, que hoxe volveu asumir o protagonismo xunto á infanta Sofía.

Á súa chegada aos xardíns de Santa Clotilde, en Lloret de Mar, os xornalistas preguntáronlles polo pase de España á final da Eurocopa, ao que a herdeira da Coroa respondeu que estaban "moi contentas".

Foi antes de reunirse cunha trintena de mozos que participaron en programas da fundación para converterse en axentes de cambio da sociedade. Na xuntanza posterior co Consello Asesor Xove da Fundación, os reis sumáronse ás súas fillas, antes de compartir xantar cos galardoados desta edición.

O acto principal da xornada será esta tarde, coa entrega dos Premios Princesa de Girona a seis mozos polos seus traballos de innovación e liderado en ámbitos como a arquitectura, a bioloxía ou a arte.

Na cerimonia, Leonor dará o seu sexto discurso nestes premios, no que volverá demostrar o seu dominio do catalán. A axenda da princesa ten marcado tamén en vermello este venres, cando se desprazará a Lisboa na que será a súa primeira viaxe oficial ao estranxeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade