Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor ingresa este xoves na Escola Naval de Marín

A princesa Leonor ingresa este xoves na Escola Naval de Marín

Será unha das 20 mulleres que hai este ano en terceiro curso

G24.gal 26/08/2024 13:30

A princesa Leonor comezará a súa formación na Armada o próximo xoves 29 na Escola Naval Militar de Marín. Ingresará como gardamariña de primeiro, incorporándose á terceira brigada cun plan de estudos adaptado. 

Será unha das 20 mulleres que hai este ano en terceiro curso. E coa mesma rutina horaria do resto do alumnado, compartirá cuarto con tres delas.

Hai unha semana chegaban á escola algúns compañeiros, alumnos e alumnas de primeiro curso. Ela semella que o fará en solitario, sen a presenza do rei, xa que a axenda da Casa Real sitúa ese día a Filipe VI en Barcelona, na Copa América de Vela.

A princesa xa visitou a escola o pasado 16 de xullo. Coincidindo coa festividade do Carme, acompañou a seu pai na entrega de reais despachos dos novos oficiais da Armada e na xura de bandeira. Nesa ocasión lucía o uniforme de alférez do exército de terra, despois de superar a súa estancia na Academia Militar de Zaragoza. 

Aquí estará ata decembro. Estudará formación militar e navegación, con instrución en vela, motor e remo. Despois do Nadal, en xaneiro, incorporarase á travesía oceánica durante seis meses no buque Elcano, como xa fixo seu pai, Filipe VI. 

Como herdeira á Xefatura do Estado segue a mesma formación castrense que tivo o rei. Un itinerario de tres anos pasando polos exércitos de Terra, Mar e Aire. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade