Publicador de contidos

Publicador de contidos

A produción de leite de ovella en Galicia pode ser de récord este ano

A produción de leite de ovella en Galicia pode ser de récord este ano

Agardan superar amplamente os 30.000 litros de leite e 8.000 quilos de queixo

Para marzo esperan chegar ao máximo nivel de produción

G24.gal 07/02/2022 19:36

220 ovellas pariron no que vai de ano nesta granxa escola de Allariz, e todas elas están a pleno rendemento en produción de leite. Móxenas dúas veces ao día e producen cada unha arredor dun litro e medio.

Aínda quedan ovellas por parir polo que se agarda que para marzo se acade o pico de produción de leite. Confían en poder superar os 30.000 litros, unha cifra óptima para este tipo de explotacións e máis no caso desta, única en Galicia.

Todo o leite que se produce destínase á elaboración de queixos e para cada quilo de queixo son precisos cinco litros de leite.

O rendemento semella moi baixo se se compara co das vacas, pero os custos tamén son menores e o valor engadido é moito máis elevado. Por eio, cren que en Galicia hai condicións abondo para producir e elaborar leite e queixos de ovella.

Se as chuvias da primavera axudan e hai pasto suficiente, poderíanse chegar a elaborar máis de 8.000 quilos de queixo de ovella cen por cento galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade