Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prolongación da autovía entre Santiago e A Estrada comezará en outubro

A prolongación da autovía entre Santiago e A Estrada comezará en outubro

A Xunta asinou o contrato das obras do treito de 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea

As obras durarán 20 meses e teñen un presuposto de 27,2 millóns

G24.gal 15/09/2023 16:59 Última actualización 15/09/2023 17:20

As obras do primeiro tramo da ampliación da autovía AG-59 comezarán o próximo mes de outubro entre Ramallosa e Pontevea, ambas as localidades aínda en Teo. Estes traballos, que executará a UTE formada polas empresas Vías e Construcións e Marconsa, custarán 27,2 millóns de euros e teñen un prazo de execución de 20 meses.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou este venres o contrato destas obras, que habilitarán 3,5 quilómetros para prolongar a AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio coruñés de Teo. Esta actuación permitirá dar continuidade ao tramo desta autovía libre de peaxe que xa se atopa en servizo entre Santiago e A Ramallosa.

O obxectivo do Goberno galego con esta actuación é facilitar a comunicación e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes, reducindo a 10 minutos os tempos de viaxe entre A Estrada e a capital de Galicia. A infraestrutura busca, tamén, incrementar a competitividade do municipio da Estrada, sede de institucións como a Academia Galega de Seguridade Pública, do Centro Integrado de Emerxencias 112 e do 061, e cunha grande actividade económica e empresarial, segundo a Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar