A Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59 desde Ramallosa a Pontevea, coas voaduras en Teo
A Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59 desde Ramallosa a Pontevea, coas voaduras en Teo
A previsión é que a prolongación da autovía estea rematada a finais do ano 2025
A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, visitaron este mércores as obras de voadura do chamado desmonte 6, na autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea.
O tipo de terreo, moi rochoso, impide que o desmonte poida facerse con medios mecánicos, polo que deben executarse voaduras con explosivos.
A previsión é que a prolongación da autovía estea rematada a finais do ano 2025.
En total, o investimento nesta actuación será de máis de 33 millóns de euros e permitirá habilitar 3,5 quilómetros novos da AG-59.
Paralelamente, a Xunta segue avanzando tamén no proxecto de construción da segunda fase da autovía, un treito de 4 quilómetros entre Pontevea e O Rollo, na Estrada, un proxecto cun investimento de 30,6 millóns e está pendente de axustes técnicos para a súa aprobación.