Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta calcula que o novo tramo da autovía da Estrada estará listo en 18 meses

A Xunta calcula que o novo tramo da autovía da Estrada estará listo en 18 meses

O novo treito enlazará A Ramallosa e Pontevea

G24.gal 11/03/2024 16:40

O presidente en funcións da Xunta, Alfonso Rueda, estimou este luns que o enlace da AG-59, a autovía que unirá Santiago coa Estrada, e a estrada AC-251, ao seu paso por Pontevea (Teo) estará en funcionamento a finais do verán do próximo ano.

Acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, e os alcaldes da Estrada, Teo e Vedra, entre outras autoridades, Rueda indicou que se trata dun tramo de 3,54 quilómetros no que a Xunta inviste 36 millóns de euros.

Trátase da primeira fase da ampliación desta infraestrutura, cuxo primeiro tramo, ata A Ramallosa, inaugurouse en 2008, fai dezaseis anos. Houbo que esperar todo este tempo "por diversas circunstancias", sinalou Rueda, entre as que non obviou a crise económica e a priorización dos investimentos por parte da Xunta.

Un tramo máis para chegar á Estrada

Está prevista unha segunda fase, tamén por outros 35 millóns de euros e unha distancia similar, para achegar a autovía ata o termo municipal da Estrada, que non chegará ata o núcleo urbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos