Publicador de contidos
Publicador de contidos

A poboación vulnerable terá que manter as medidas de protección despois da pandemia

A poboación vulnerable terá que manter as medidas de protección despois da pandemia

A covid é xa un virus circulante máis co que conviviremos con normalidade porque xa non hai unha emerxencia sanitaria

As medidas de protección deben dirixirse á poboación vulnerable, segundo aseguran os inmunólogos

A poboación vulnerable mantén a máscara en espazos concorridos como as estacións do tren
G24.gal 11/02/2023 14:11 Última actualización 11/02/2023 14:24

Esta semana demos un paso máis na convivencia co virus da covid coa retirada das máscaras nos transportes. Os científicos insisten en que é necesario volver á normalidade porque non hai xa emerxencia sanitaria e o virus seguirá convivindo con nós. Poñen o foco da protección nas persoas vulnerables.

Despois de observar o comportamento da covid este outono e parte do inverno, os inmunólos consideran que chegou a hora de normalizar definitivamente a nosa relación co virus como un máis dos que aparecen nesta época, e ao que lle terá que prestar especial atención só a poboación vulnerable. Así o valorou José Gómez Rial, inmunólogo do complexo hospitalario universitario de Santiago.

É un virus circulante máis. É un virus respiratorio que non vai desaparecer porque ademais ten un reservorio animal co cal vai andar saltando entre humanos e animais. Podemos dicir que a pandemia rematou pero o virus non rematou porque vai seguir con nós no resto do tempo. 

Por iso o inmunólogo José Gómez avoga por restrinxir o uso da máscara só a certos espazos dos centros sanitarios e que realmente a poboación faga un uso responsable dela cando deba protexerse ou evitar contaxiar a outros.

Recomendar o uso da máscara a determinadas persoas en determinados momentos. E sobre todo, saber usar ben a máscara por determinadas persoas que son quen realmente a necesita. O único que facemos obrigando a todo o mundo a poñer a máscara é que, cando se levanten as medidas de obrigatoriedade, a xente non queira saber nada máis da máscara e non a queira usar.

Insiste en que en España non hai emerxencia sanitaria, que a taxa de poboación vacinada é moi alta, sobre todo en Galicia, e que esta cuarta dose, para persoas que xa están protexidas coas tres anteriores, e que ademais pasaron a infección da variante ómicron, non é necesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade