Cargando resultados...
A papeleira portuguesa Altri elixe Lugo como posible localización para a súa nova planta
A papeleira portuguesa Altri elixe Lugo como posible localización para a súa nova planta
A papeleira portuguesa analiza estes días as posibles localizacións para a nova planta de fibras téxtiles
G24.gal
07/02/2022 13:25
A papeleira portuguesa Altri analiza estes días as posibles localizacións en Galicia para a súa nova planta de fibras téxtiles. A provincia de Lugo segue a estar entre as súas favoritas.
Unha elección que tamén apoia o Goberno galego sempre que sexa tecnicamente posible, así o manifestou o vicepresidente económico, Francisco Conde: "O compromiso da Xunta de Galicia é que na medida en que desde o punto de vista técnico sexa posible esta planta se poida localizar na provincia de Lugo, pero loxicamente é a empresa a que ten que avaliar que desde o punto de vista técnico se poida producir".