A proximidade do inverno amaeaza os sobreviventes do terremoto de Marrocos
A proximidade do inverno amaeaza os sobreviventes do terremoto de Marrocos
Os falecidos polo sismo superan os 2.900, segundo o último reconto de vítimas
Preto de cen persoas morreron na vila de Douzrou, a 80 quilómetros ao suroeste de Marrakech, onde os sobreviventes agora viven en refuxios improvisados fóra das súas casas destruídas polo sismo.
Aquí non chega a axuda humanitaria e o inverno aproxímase. "As condicións climatolóxicas aquí son moi duras. Tememos o peor coa chegada do inverno", di Ismaïl Oubella, de 36 anos, que perdeu tres fillos, a súa muller preñada e a súa nai.
Un pouco máis ao sur, en Adouz, a mesma devastación. Os sobreviventes cargan en burros as poucas pertenzas que conseguen recuperar e lévanas costa abaixo ata o campamento instalado no río. "Non hai camiños. Usamos animais para transportar as nosas pertenzas ata o río. Aquí non queda nada", di Rachid Ouahmane.
A experiencia vivida nesta zona montañosa do sur de Marrocos é tan traumática que moitos nin sequera queren lembrar o momento en que tremou a terra. "Esas catro horas, non quero lembralas máis. Se o penso póñome a chorar. Era a morte, non había osíxeno, só escuridade", di Mohamed Belkas, outro dos sobreviventes de Adouz.
O último reconto de vítimas facilitado polas autoridades establece en máis de 2.900 os mortos e o dobre de feridos.