A raíña Sofía visitou este luns o Banco de Alimentos de Lugo
A raíña Sofía visitou este luns o Banco de Alimentos de Lugo
Enmárcase dentro do labor de apoio da fundación que preside con estas entidades sociais
Esta é a terceira vez que pasa por Lugo, a anterior hai case 50 anos acompañada polo rei Xoán Carlos
A raíña Sofía está de visita en Galicia e acudiu este mediodía a sede do Banco de Alimentos de Lugo, dentro da súa campaña de apoio a estas entidades sociais. Esta é a terceira vez que pasa por Lugo, a anterior hai case 50 anos e daquela acompañada polo rei Xoán Carlos.
Entre grande expectación a raíña emérita dona Sofía entraba nas instalacións do Banco de Alimentos de Lugo. A visita enmárcase dentro do labor de apoio que realiza a fundación que preside con estas entidades sociais.
Tras saudar as autoridades non faltaron agarimos cos voluntarios encargados do repartimento de alimentos. En Lugo estaban emocionados coa súa visita.
Tampouco faltaron as fotos para o recordo. Esta é a terceira viaxe a Lugo da raíña Sofía. A primeira foi no ano 1964 como princesa de Asturias volveu despois en 1976 acompañada polo rei Xoán Carlos.
Nos últimos anos as visitas da raíña emérita a Galicia foron para visitar outros bancos de alimentos, o último o de Ourense en 2022. Agora coñeceu de preto o Banco de Alimentos de Lugo que atende e dá servizo a 1.700 familias.