Publicador de contidos
Publicador de contidos

A raíña Sofía recibe a alta médica tras catro días ingresada

A raíña Sofía recibe a alta médica tras catro días ingresada

Á saída da clínica declarou sentirse "fenomenal" e agradeceu o interese das persoas que se preocuparon pola súa saúde

G24.gal 13/04/2024 20:59

A raíña Sofía recibiu este serán a alta médica tras catro días ingresada nunha clínica madrileña. Sufrira unha infección no tracto urinario e estivo en observación desde o martes.

A súa evolución foi rápida e favorable. De feito, saíu polo seu propio pé e cando o coche pasou por diante da prensa parou uns segundos para declarar que está "moi ben", "fenomenal", "nova".

A nai de Filipe VI tamén agradeceu o interese de todas as persoas que se preocuparon pola súa saúde nos últimos días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade