Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reacción do Arenteiro non foi dabondo (2-4)

A reacción do Arenteiro non foi dabondo (2-4)

G24.gal 13/11/2021 18:05

Non foi suficiente a reacción do Arenteiro no Espiñedo logo dunha primeira parte nefasta na que marchou 0-3 perdendo ao descanso. 

O primeiro chegou nun despiste defensivo, balón longo ás costas da defensa, centro a área e Steven marca o primeiro con suspense nunha especie de gol pantasma. O segundo anotaríao o burelao Julio Delgado logo dunha boa xogada individual e malia que o gardameta Diego tocou timidamente o disparo. No último da primeira parte repetiu de novo Steven, nunha xogada embarullada dentro da área do conxunto galego.

Na segunda parte Fran Justo cambiou o esquema e o Arenteiro non tardou en meterse no partido. No minuto 55 Renan Zanelli aproveitaba un bo centro dende o costado dereito para bater o porteiro rival cunha gran testada. Pero os folgos foron pouco a pouco baixando e os do Carballiño perderon ese alento inicial. Xa no 85 o propio Zanelli aproveitou un penalti para poñer o 2-3 no marcador e dar esperanzas aos seareiros do Espiñedo. 

Porén, xusto na seguinte xogada, na reanudación, un centro de Alberto Lora bateu na man de Joseca. O colexiado sinalou penalti e o propio Lora sentenciou o partido dende os once metros co definitivo 2-4.

Con este resultado o Arenteiro durmirá esta xornada en postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar