Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mal día para o Arenteiro no campo do Amorebieta (3-0)

Mal día para o Arenteiro no campo do Amorebieta (3-0)

O gol de Kaxe ás beiras do descanso foi decisivo 

Erro do debutante 

G24.gal 02/02/2025 14:05

O Arenteiro perdeu con claridade no campo do Amorebieta (3-0) diante dun equipo que pelexa por evitar os postos de descenso. Unha das peores mañás para o equipo de Raúl Jardiel que non tivo opcións. 

O gol de Kaxe, xusto antes do descanso, marcou o devir do partido. O gol abriulle o camiño a un Amorebieta que se atopou moi cómodo no segundo tempo xogando á contra. Na segunda parte estivo letal o dianteiro Dani Selma que marcou no 62, nun agasallo do porteiro debutante Adri López, e no 68. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade