A Real Sociedade supera a eliminatoria antes de visitar Balaídos
A Real Sociedade supera a eliminatoria antes de visitar Balaídos
Polémico partido no Sadar, dous penaltis para a Real Sociedade e un penalti reclamado polo Osasuna (0-2)
O Xirona non baixa o ritmo na Copa e vence o Raio Vallecano en Montilivi (3-1)
A Real Sociedade eliminou o Osasuna no partido dos oitavos de final da Copa do Rei dispudato no Sadar. O partido estivo marcado pola polémica, concretamente polos penaltis. Na primeira metade os navarros reclamaron un penalti sobre Budimir que o colexiado Hernández Hernández non considerou.
Na segunda metade foron os donostiarras os que reclamaron un penalti sobre Le Normand, tras revisión no VAR, o central do Osasuna, Catena, foi expulsado e Oyarzabal adiantaba aos visitantes dende os 11 metros. Xa no desconto, Aitor derribou a Brais Méndez e provocou o segundo penalti do encontro. O gardameta vasco paroulle o penalti ao xogador galego, pero un vello coñecido dos navarros, Mikel Merino, sentenciaba o partido anotando o rexeitamento.
A Real Sociedade está entre os oito mellores equipos da copa por cuarta vez en cinco anos, nunha delas rematou levantando o trofeo. A próxima cita para os vascos será en liga fronte ao Celta, o próximo sábado as 21:00 en Balaídos.
O Xirona mantén o nivel amosado na liga e gaña con facilidade ao Raio Vallecano. Dous tantos de Stuani e outro de Blind na primeira media hora de xogo serviron para afrontar o encontro con tranquilidade.