Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rebelión do grupo Wagner en Rusia pon contra as cordas a Putin

A rebelión do grupo Wagner en Rusia pon contra as cordas a Putin

Prigozhin frea a marcha sobre Moscova e exíliase en Belarús

O Kremlin anuncia que retirará os cargos contra o xefe de Wagner e os seus homes

O xefe de Wagner sae do cuartel de Rostov
G24.gal 25/06/2023 09:04 Última actualización 25/06/2023 14:06

Rusia viviu unha situación inédita en décadas este sábado cunha rebelión militar, a cargo do xefe dos mercenarios de Wagner Ievgueni Prigozhin, que se transformou nun intento de golpe militar que durou tan só unha xornada.

Tras tomar Rostov do Don e os seus edificios oficiais, un enclave estratéxico e loxístico na guerra de Ucraína e de avanzar con blindados cara a Moscova aparentemente sen oposición,  motivado polo seu  enfrontamento co Ministro de Defensa ruso, o xefe dos mercenarios anunciou o sábado pola tarde que freaba a marcha e que repregaba os seus homes aos seus campamentos para "evitar un baño de sangue".

O Kremlin tamén anunciaba pouco despois que retiraba os cargos contra Prigozhin e os homes que integraban as columnas que ocuparon Rostov e chegaron ata case 300 quilómetros de Moscova. E que o líder de Wagner poderá refuxiarse en Belarús.

O motín contra o exército deixa a Vladímir Putin  e o seu réxime debilitados no medio da operación militar en Ucraína e da contraofensibva no leste das tropas de Kíiv.

Mediación de Belarús

A intelixencia occidental apunta que as negociacións na xornada do sábado foron frenéticas e máis despois de que Prigozhin non fixese caso das ameazas de represalias "brutais" do presidente ruso para que cesase.

O presidente belaruso, Aleksandr Lukashenko, atribuíuse a mediación e asegurou nun comunicado que se chegou a un acordo “absolutamente rendible e aceptable” para Wagner e que se lle deron “garantías de seguridade” sen especificar.

O movemento de Prigozhin era arriscado en extremo: o empresario non conta co apoio das elites.

Prigozhin e os seus mercenarios non encontraron moita oposición no seu avance ata o anuncio de que paraban a marcha. O motín supuxo a ameaza máis grave para o Kremlin en tres décadas, desde a guerra de Chechenia.  A falta de medios, de material e de preparación e as derrotas de Rusia en Ucraína poden avivar conflitos internos.

A reacción mundial ao que pasaba en Rusia, un país cun dos maiores arsenais de armas nucleares a nivel global, non pasou de diferentes contactos entre as potencias. Falaron "dun problema interno" para evitar que Putin utilizase a súa retórica habitual contra Occidente.

Moscova mantense nun alto nivel de alerta por "operacións antiterroristas" que prevé restricións de movementos. O alcalde da cidade declarou antes da retirada de Wagner que o luns non sería laborable, excepto para as forzas de seguridade e os servizos urbanos e instou os cidadáns a evitar saír á rúa.

Kíiv interpreta a situación en Rusia como unha ventá de oportunidade para a súa contraofensiva para recuperar territorio, ante a que cre inestabilidade no país invasor, que mantén 400.000 soldados rusos despregados en Ucraína.,

 

 

os mercenaris de Wagner abandonan Rostov do Don entre aclamacións da poboación local os mercenaris de Wagner abandonan Rostov do Don entre aclamacións da poboación local
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade