Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Rede de Aerobioloxía alerta dunha alta concentración de pole de gramíneas

A Rede de Aerobioloxía alerta dunha alta concentración de pole de gramíneas

Este mes de xuño é o peor para oito de cada dez persoas que sofren alerxia

G24.gal 12/06/2023 14:58

Este mes de xuño é o peor para oito de cada dez persoas que sofren alerxia, porque son precisamente os poles que circulan nesta época do ano os que disparan os seus síntomas. As chuvias e as temperaturas mornas facilitaron a floración, e coa calor que se aveciña este ano vai ser de moita concentración de pole.

Neste momento hai unha alta concentración na atmosfera de pole de estrugas e pole de gramíneas. Sabémolo polos medidores da Rede Galega de Aerobioloxía, que están esparexidos por todo o territorio.

Os seus captadores polínicos permiten ver cal é o alérxeno predominante na atmosfera e en que cantidade, e iso permite elaborar previsións semanais, moi útiles para as persoas alérxicas. Poden consultarse na páxina do Sergas no apartado de Información Polínica. Son aparatos que simulan ser o pulmón dunha persoa. Aspira dez litros de aire por minuto.

"Eses restos quedan fixados nunha cinta que vai xirando, e permiten extrapolar o que sufriría o pulmón dunha persoa en cada momento do ano. A predición usa intelixencia artificial e inclúe variables como as previsións de temperaturas, vento, etc", explica Javier Rodríguez, catedrático de Botánica da Universidade de Vigo.

Neste momento os poles predominantes son os de estrugas, bidueiro, carballo, pero especialmente preocupantes son as gramíneas, que son as que máis afectan.

"Calcúlase que son as que disparan os síntomas en 8 de cada 10 alérxicos. Grazas a esta rede de medidores estas persoas poden tomar medidas, como levar máscara, subir as ventás do coche", di Inés Mato Naveira, a subdirectora xeral de Programas de Control de Riscos para a Saúde.

A paxina, na que colaboran a Consellería de Sanidade e a Universiade de Vigo, permite saber por exemplo que a maior concentración de pole en Galicia é ás oito do serán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar