Cargando resultados...
A entrada en vigor da reforma laboral demórase un día
A entrada en vigor da reforma laboral demórase un día
Publicarase no BOE mañá, xoves 30 de decembro
G24.gal
29/12/2021 09:39
O real decreto lei ca reforma laboral entrará en vigor, finalmente, o xoves 30 de decembro, data da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
"Unha cuestión de tempos" demorou a publicación despois da súa aprobación onte no Consello de Ministros no que se anunciara para hoxe mesmo.
A nova norma recupera a ultraactividade dos convenios e a prioridade do sectorial en materia salarial. Ademais, limita o tempo máximo dos contratos temporais e extingue os contratos de obra e servizo. As empresas terán tres meses para adaptarse aos cambios.