A reparación dos viadutos de Lugo provocarán afectacións no tráfico da A-6
Así, a partir das 09:00 horas do próximo martes, día 8 de abril, producirase o corte total do tráfico
As afectacións durarán previsiblemente ata finais de xuño, se as condicións meteorolóxicas o permiten

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible realiza obras de reparación dos viadutos sobre a liña de ferrocarril Palencia-A Coruña situados no quilómetro 486,8 da autovía A-6, en Lugo.
Así, a partir das 09:00 horas do próximo martes, día 8 de abril, producirase o corte total do tráfico da calzada dereita da A-6 en sentido A Coruña, entre os quilómetros 486,2 e 487,1.
Segundo informou o Mitma, unha vez conclúan os traballos nesta calzada, cortarán a esquerda con sentido Madrid, no mesmo tramo.
Para asegurar a fluidez do tráfico durante as afectacións habilitarán un transfer entre pasos de mediana que permita ao tráfico pasar a circular pola calzada libre, que operará en modo bidireccional cun carril habilitado por sentido de circulación.
As afectacións durarán previsiblemente ata finais de xuño, se as condicións meteorolóxicas o permiten.