Publicador de contidos
Publicador de contidos

A repunta de casos de covid remitirá nunha ou dúas semanas segundo os expertos

A repunta de casos de covid remitirá nunha ou dúas semanas segundo os expertos

Juan Gestal atribúea suba á menor inmunidade, ás variantes e a máis desprazamentos

Non descarta que no outono haxa que vacinarse coincidindo coa da gripe

Juan Gestal, no programa Bos Días
G24.gal 01/06/2024 12:55

En dúas semanas remitirá a repunta de casos de Covid rexistrada este mes de maio en Galicia e en moitos países. Os expertos atribúen o aumento de casos a variantes máis contaxiosas, ao descenso da inmunidade, e os movementos poboacionais, máis altos na época que andamos.

A covid volve repuntar despois de varios meses en niveis baixos. En abril apenas había cero infectados. Pero na última semana as consultas de atención primaria detectaron un aumento de casos. Na área sanitaria de Ourense rexistráronse 17 novos positivos nun día, unha cifra semellante á do Nadal de 2023. O profesor emérito de medicina preventiva e saúde pública, Juan Gestal, cre que hai varios motivos. O primeiro é que xa pasou moito tempo desde que se puxo a última dose de reforzo da vacina e tamén ao mosaico de variantes e liñaxes do virus.

 "É máis trasmisible e tamén algo máis diferente e distante da cepa ultima que nos vacinamos, ou sexa ten máis escape inmune e por iso é a maior difusibidade, e tamén aos movementos poboacionais".

Na maioría dos casos os síntomas son leves.

 "Empezou por Lugo, A Coruña, irá baixando ás outras provincias e o agardable é que nunha ou dúas semanas diminúa".

Con todo non se  descarta que no outono haxa que vacinarse outra vez.

 "O virus quedou endémico, e que pode coincidir coa da gripe no outono? pode que o ano que vén e algúns máis sexa así, pero depende de como vaia evolucionando todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade