Cargando resultados...
A Reserva Federal dos EUA mantén os tipos de xuro por segundo mes consecutivo
A Reserva Federal dos EUA mantén os tipos de xuro por segundo mes consecutivo
A autoridade monetaria non descarta volver subilos
G24.gal
01/11/2023 19:24
A Reserva Federal dos Estados Unidos anunciou este mércores que mantén os tipos de xuro, o segundo respiro consecutivo tras once alzas desde marzo do ano pasado, pero non descartou volver subilos se a conxuntura o esixe.
"O Comité seguirá avaliando información (económica) adicional" para "determinar o alcance dun endurecemento adicional da política", apuntou o banco central estadounidense.
A autoridade monetaria decidiu manter os tipos na franxa actual do 5,25 % e o 5,5 %, o seu máximo nivel desde 2001.